EconomíaEconomíaÚltima hora

“Estamos a poñer todo o que está nas nosas mans para adaptarnos ás restricións”

A Unión de Hostaleiros de Ourense e Cociña Ourense veñen de emitir un comunicado conxunto sobre a situación do sector ante a crise do Covid

 

Desde a Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO) e Cociña Ourense veñen de emitir un comunicado de prensa conxunto para manifestar que “os nosos asociados teñen como principal obxectivo salvagardar a seguridade sanitaria para dar, como sempre foi nosa esencia, o mellor servizo aos nosos clientes”.

Aseguran así mesmo que o sector da hostalaría “está a sufrir de forma dramática as consecuencias da pandemia mundial de Covid, e en Ourense estamos a poñer todo o que está nas nosas mans para adaptarnos ás restricións, sen que iso supoña un menoscabo do servizo do que sempre fixemos gala”.

Destacan que a hostalería de Ourense “sempre foi un polo de atracción turística para a nosa cidade, principalmente pola excelencia que sempre foi nosa principal aceno de identidade. Loitaremos, pois, para que así siga sendo. Nesta procura constante da máxima calidade e seguridade, queremos manifestar tamén o noso sinceiro e profundo agradecemento ao Sergas e á Xunta de Galicia por darnos a posibilidade de que os nosos asociados se sometan a probas PCR de detección do coronavirus”.

 

 

Estas dúas entidades apuntan así mesmo que “estamos profundamente ilusionados e con ganas de volver traballar. O noso desexo sería facelo nas mesmas condicións que antes de que esta pandemia arrasase o mundo en que vivimos, pero tamén somos moi conscientes de que non o faremos se non é baixo unhas condicións que garantan tanto a seguirdade dos nosos traballadores como a dos nosos clientes”.

E amosan a súa esperanza de que “todo este esforzo humano e económico que estamos a realizar, sexa posto en valor por todos aqueles que integran a nosa actividade e afíns, desde os traballadores, provedores, consumidores e administracións públicas pois cremos que só se nos apoiamos entre todos, venceremos e sairemos fortalecidos desta situación”.

Artigos relacionados

Back to top button