En portadaÚltima hora

Estas son as diferentes liñas de axudas que poden pedir as explotacións afectadas polos incendios

Un dos soutos afectados polo lume en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras os devastadores incendios forestais que sufrían Valdeorras, Vilariño de Conso ou a zona do sur da provincia de Lugo, a Xunta vén de publicar unha serie de axudas ás que se poden acoller os afectados tanto no aspecto relativo á vivenda como nos danos en maquinaria, explotacións agrarias e gandeiras ou mesmo e en terreos cinexéticos. Son as seguintes segundo os departamentos autonómicos a través dos cales se teñen que solicitar:

1- IGAPE: Ata o 100% dos danos en edificacións, maquinaria, mercancías, vehículos……. en establecementos comerciais, turísticos, industriais ou mercantís.- 1mes para solicitar

2- MEDIO AMBIENTE:

Danos en infraestruturas públicas en Rede Natura/Reserva Biosfera (rutas sendeirismo, sinalización miradores, bancos, centros de interpretación, áreas recreativas …).

– Para concellos (máximo 2 actuacións) e montes comunais (máximo 1 actuación)

– axudas ata o 100% e máximo 20.000 por actuación – 1 mes para solicitar

3- MEDIO AMBIENTE

– para TECORES- 1 mes para solicitar

– axudas para sementar cereais en ata un 10% da zona ardida ……ata 650 euros por ha e máximo 30.000 euros.

– axudas para infraestruturas (comedeiros, bebedeiros, refuxios, cercas,…) de ata o 100% e máximo 120.00 euros

4- MEDIO RURAL:

DANOS A EXPLOTACIÓNS FORESTAIS

LIÑA 1…..a infraestruturas (pistas, captacións de auga, peches…..ata 100%/15.000 euros

LIÑA 2…gastos por danos a maquinaria e equipamento derivados dOs labores da colaboración en gastos de extinción do lume. Ata 100%/50.000 euros

LIÑA 3…perda de madeira amontoada queimada ….en montes sen xestión pública…..Ata 100%/25.000 euros

DANOS A EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS E GANDEIRAS

LIÑA 1… para reparación de bens, maquinaria, equipamentos ….ata 100%/25000 euros

LIÑA 2…para a perda da produción agrícola/gandeira….ata 100%/15000 euros

LIÑA 3….morte de gando ou colmeas….ata máximo 20000 euros

LIÑA 4….perda de alimentos para o gando…..ou equivalente necesario para os próximos 3 meses

Artigos relacionados

Back to top button