ConcellosÚltima hora

Este ano a imaxe de San Xurxo non sairá polas rúas de Vilamartín no mes de abril

Dende o Concello valoran a posibilidade de celebrar as festas patronais en xuño, se as autoridades o permiten e aconsellan

Procesión de San Xurxo o 23 de abril de 2019. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

En apenas cinco días, o vindeiro 23 de abril, Vilamartín de Valdeorras debería celebrar o día grande das súas festas patronais, pero este ano o estado de alarma polo coronavirus (que previsiblemente se estenderá ata o 9 de maio) non o permitirá, e a imaxe de San Xurxo non sairá en procesión, polo menos no mes de abril.

Dende a concellería de Cultura de Vilamartín adiantan que a idea é poder celebrar as festas (tanto o apartado relixioso coma o lúdico) no mes de xuño, sempre e cando a situación o permita. “Non temos data e estamos pendentes de como evoluciona o tema do coronavirus”, di a concelleira de Cultura, asegurando que esperan poder facelo aínda que recoñece que segundo as últimas novas “parece que non se van poder celebrar grandes reunións ata finais de ano, así que non sabemos o que pasará. Se se pode, a idea é facelo en xuño e gustaríanos, pero se non o recomendan ou hai que retrasalo máis xa non tería sentido este ano”, sentencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button