ConcellosEntroido 2022O BarcoÚltima hora

Este ano o Barco celebrará un Entroido sen desfile de comparsas e folións

Un cadro do artistas barquense Jesús Díaz Ferrer ilustra o cartel

 

Na mañá deste mércores 16 de marzo, a Concellería de Cultura do Barco de Valdeorras facía público o programa de actividades para o Entroido 2022. Un programa que non inclúe o tradicional desfile de comparsas e folións. No  seu lugar, haberá actividades musicais e animación de rúa.

Ata o domingo 27 de febreiro continúan as I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés en 17 restaurantes. O sábado 26 de febreiro haberá foliada con Abertal ás 19:30 horas dende o Malecón ata a praza Maior. O luns 28 de febreiro ás 17 horas estará no Malecón o Folión do Zampón, unha actividade para o público infantil e familiar); e xa o Martes de Entroido, 1 marzo, a partir das 17 horas haberá pasarrúas coa Charanga Unión Phenosa e Airiños de Caldelas.

A imaxe do cartel deste ano é un cadro do artista barquense Jesús Díaz Ferrer (1922-2017), que fai referencia ao Entroido no Barco entre os anos 1920 e 1930.

 

Artigos relacionados

Back to top button