ConcellosEntroido 2020Última hora

Este ano o Desfile de Comparsas e Folións da Rúa celebrarase o sábado (22 de febreiro) en lugar do Martes de Entroido

Sairá ás 17:30h. dende a adega cooperativa Virxe das Viñas e rematará na rúa Doutor Vila

Unha das comparsas participantes no desfile da Rúa o ano pasado. /Foto: A.R.

 

Coa idea de facilitar a participación e lograr que máis comparsas e folións poidan asistir, este ano o gran desfile de Entroido da Rúa celebrarase o sábado en lugar do martes, seguindo o mesmo percorrido dos últimos anos.

Así, o 22 de febreiro ás 17:30h. terá lugar a saída dende a adega cooperativa Virxe das Viñas e ao remate, na rúa Doutor Vila, procederase á entrega das axudas aos participantes. O prazo para inscribir as comparsas e folións remata o venres 21 de febreiro ás 13 horas.

O martes 25 de febreiro haberá unha Festa de Entroido Infantil na rúa Doutor Vila a partir das catro da tarde e, para rematar, o mércores 26 levarase a cabo o tradicional Enterro da Sardiña, con velorio no adro da ingrexa de Santo Estevo ás 20h. e posterior queima na praza César Conti.

As bases reguladoras do Entroido 2020 pódese consultar na web do Concello : www.arua.gal

Artigos relacionados

Back to top button