CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Este ano o roteiro de lectura do IES Lauro Olmo do Barco para celebrar o Mes do Libro, será na casa

Cada día a partir de mañá 23 de abril, publicarán dous breves vídeos nas redes sociais nos que profesores e alumnado len poemas, contos ou extractos de libros

Roteiro de lectura do IES Lauro Olmo o ano pasado. /Foto: A.R.

 

Abril e maio son meses de libro e lectura no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Como xa vén sendo tradición, cada ano por estas datas celebran un peculiar roteiro de lectura polas rúas do Barco e lugares emblemáticos da contorna, na que participan tanto alumnos como profesores.

Este ano o confinamento impide saír de casa polo que a actividade “Atención, xente lendo!!! ” será na casa. Tal como explican dende o equipo de biblioteca do instituto barquense, cada día a partir de mañá 23 de abril, Día do Libro, publicarán dous breves vídeos tanto en Facebook como en Instagram con profesores e alumnado lendo poemas, contos ou extractos de libros.

O “Roteiro Caseiro, lendo para vencer ao virus” será unha das actividades que levarán a cabo dende a a biblioteca do centro para seguir fomentando a lectura na comunidade educativa, neste caso na casa, que rematará cunha montaxe audiovisual.

 

Artigos relacionados

Back to top button