CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Este ano tampouco se celebrará o SilFest Valdeorras

Dende a organización aseguran que a 5ª edición do festival terá que esperar ao 2022

Concerto nunha edición anterior do SilFest Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Esperaron todo o que puderon, agardando que a 5ª edición do SilFest Valdeorras adiada no 2020 pola pandemia, puidera celebrarse neste 2021. Mesmo tiñan data e cartel pechado pero finalmente a organización do festival multicultural á beira do Sil, no Barco, emitía un comunicado informando que “o SilFest Valdeorras terá que esperar a 2022”.

Por segundo ano consecutivo, o festival cambia de data por razóns alleas á organización. “O culpable é ese bichiño, como lle llaman os nosos MiniSilFestFans, que non se quere ir”, aseguran, recoñecendo que lles houbera gustado contar aos afeccionados que este verán por fin poderían brindar e bailar xuntos á beira do río Sil, pero non será posible.

“Queremos que o noso festival sexa, por riba de todo, seguro; por iso, tomamos a decisión de poñer en pausa a quinta edición do SilFest Valdeorras”. Iso si, prometen que no 2022 volverán “con máis ganas que nunca”.

 

Artigos relacionados

Back to top button