CulturaCulturaÚltima hora

Este ano as Xornadas de Teatro da Rúa comezarán no mes de abril

A VIII edición do ciclo, organizado pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada participarán dez agrupacións
A Ruada nunha das súas actuacións nas Xornadas de Teatro da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

A Asociación Cultural de Teatro A Ruada vén de dar un xiro de 360 graos ás Xornadas de Teatro que este ano chegan á VIII edición cun cambio de formato que lles está dando máis dun quebradeiro de cabeza. De feito tiñan pensado comezar o 11 de marzo coa actuación de La Caja de Pandora e rematar o 3 de xuño (tal como se publicou no número de marzo da edición en papel do Periódico O Sil), pero problemas de última hora impedíu ao grupo de Verín poder actuar na data sinalada trastocando todo o programa polo que será en abril cando comecen as representacións que se celebrarán os sábados ás seis da tarde no Centro Cultural Avenida, con remate o 10 de xuño.

Malia que o programa aínda está se pechar este ano esperan volver a contar cos grupos Teatro Experimental Flaviense de Chaves (Portugal); Augas do Sil de San Clodio; ANBI de Ponferrada, Aneis de Xinzo de Limia, Xaime Prada de Vilamartín, Candea de Viana do Bolo, La Caja de Pandora de Verín, Prodeme de Monforte e por suposto A Ruada.

Artigos relacionados

Back to top button