CD TrivesCD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Este domingo 13 de febreiro, derbi CD Viana-CD Trives nas Carrelas

Plantel do CD Viana./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mañá será día de partido no campo vianés das Carrelas. A partir das 16:15 horas comezará o encontro da xornada 15 na Segunda Galicia pero non será un partido calquera. Dun lado do campo estará o equipo local, o CD Viana, 3º clasificado con 31 puntos (10 vitorias, 1 empate e 1 derrota en dez partidos). Do outro o veciño CD Trives, no 7º posto da clasificación con 18 puntos (5 vitorias, 3 empates e 6 derrotas en 14 partidos).

Un derbi no que ámbolos dous equipos darán o mellor de si mesmos. No partido de ida, na primeira volta da liga, disputado no campo trivés do Agro, o Viana que dirixe Juanjo Caballo vencera por 0-2. Un resultado ao que tentarán darlle a volta os de David Pérez.

Será sen dúbida un interesante partido no que se espera unha boa entrada polo que “estarán ao cobro no bar do campo os carnets e publicidades dos socios para a tempada 2021-2022”, informan dende a directiva do Viana.

 

Plantel do CD Trives. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button