CulturaCultura

Este domingo o grupo Odaiko trae un concerto de percusión para o público infantil no Carballiño

O público infantil do Carballiño ten unha cita, este domingo 26 de marzo, co grupo Odaiko, formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso, xa que ofrecerá un concerto no auditorio municipal, ás 18:00 horas. A entrada poderá adquirise no despacho de billetes a un custo de 3,5 euros.

Odaiko trae ao Carballiño “Vaia Banda!”, un concerto didáctico musical,  que se presenta como unha viaxe de catro intrépidos percusionistas. Nela os seus protagonistas van descubrir, e compartir, novos instrumentos e ritmos, conseguindo que os nenos non deixen de interesarse en ningún momento do que está a pasar no escenario.

Longa traxectoria

Odaiko leva enriba dos escenarios doce anos e levan as súas costas un total 300 actuacións propias e outros proxectos ligados á danza, audiovisual, clásico e didáctica, colaborando sempre con artistas do panorama cultural actual. Asemade, os músicos que integran esta comapñía  teñen feito máis de 1.500 concertos ás súas costas.

Odaiko estivo presente en escenarios de moita sona:  Facyl (Salamanca), no Festival de Ortigueira , no FIP Pirineos, FIP Valencia, FIP Madrid e no FIP Aragón, no Boom Festival (Slovenia), no Festival de Jazz de San Sebastián (Euskadi), no Festival Folk de Getxo (Bilbao), no Festival Cabo de Gata (Almería), no Festival do Tambor (Híjar-Teruel), Círculo de Bellas Artes (Madrid), no Palacio Euskalduna coa Orquesta Sinfónica de Bilbao ou no Royal Concertgebow de Amsterdam, entre outros.

Ao longo da súa carreira os seus membros participan en proxectos como Ear Massage (Holanda), X. M. Budiño (Galicia), Nova Galega de Danza (Galicia), Cornelius 1960 (Galicia), Orquestra Nacional de Irlanda (Dublín), Concorde Ensemble (Dublín), Orquestra Sinfónica de Galicia (Galicia), Nuevo Contemporáneo (Zaragoza), etc.

Cartel do concerto.

Artigos relacionados

Back to top button