OurenseÚltima hora

“Este Nadal, ningún neno sen agasallo”

O Concello de Barbadás pon en marcha unha campaña de recollida de xoguetes ata o 7 de decembro

 

“Este Nadal ningún neno sen agasallo” é o título da campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes promovida pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadás.

Baixo o lema “O teu xesto conta”, as doazóns recolleranse ata o 7 de decembro no Banco Solidario (rúa do Ensino, 5, A Valenzá, os martes entre as 16 e as 18 horas) e no polideportivo da Valenzá (rúa Calzada Romana, de luns a venres de 8 a 14 horas e de 16 a 18 horas).

As crianzas que recibirán estes xoguetes poderán desfrutar con xogos e elementos que desexen doar outras familias para que o espíritu navideño chegue a todos os fogares. Nese senso, a concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, asegura que esta campaña ten como obxectivo “asegurar o dereito a xogos e xoguetes de todos/as nenas e nenos”.

A cadea solidaria da campaña de doazón de xoguetes ten como finalidade “doar un xoguete, sempre en bo estado, para contribuír a que os nenos e as nenas poidan disfrutar neste Nadal, de xoguetes e xogos”. Así, con esta iniciativa “fomentamos a solidariedade entre os máis pequenos, para que coñezan o valor de compartir e axudar a quen o máis o precise”, comenta González Nistal.

Artigos relacionados

Back to top button