EconomíaEconomíaÚltima hora

Estética Pamen (O Barco), agora de forma virtual

Cabeceira de Estética Pamen online.

 

As actuais circunstancias obrigan a quedar na casa. O comercio está pechado así que non hai forma de irse de compras fisicamente, pero si a través de Internet.

Da necesidade de seguir en contacto cos clientes, máis dun mes despois de pechar polo estado de alarma, nace o novo proxecto de Estética Pamen, unha tenda de artigos de perfumería e complementos (con salón de beleza incluído) con 31 anos de historia no Barco de Valdorras, agora dunha forma virtual. www.esteticapamen.es,  é un espazo online réplica da tenda física situada na rúa da Estación, “para seguir ao pé do canón, traballando desde casa”, explica a súa propietaria Pamen Cruz.

Unha tenda virtual na que poder mercar todo tipo de cremas, perfumes, complementos,… así como bonitas ideas para o Día da Nai, entre outras moitas cousas. “Xa está activa e o noso equipo pendente para atender aos clientes”, aseguran dende Estética Pamen.

Artigos relacionados

Back to top button