EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Esteticista’s Rocío Carracedo estrea novo local, na rúa Dr. Pérez Lista do Barco

No establecemento hai tamén un centro de masaxes (Masagil) a cargo de Adrián Gil

 

Despois de case seis anos na praza José Otero, Esteticista’s Rocío Carracedo abría as portas hai apenas un par de semanas (4 de novembro) nunha nova ubicación: rúa Doutor Pérez Lista Nº 17 baixo, no Barco de Valdeorras, matendo o mesmo servizo profesional e personalizado de sempre, pero con nova decoración e novos proxectos.

Baixo o lema  “A túa beleza en boas mans!” Rocío, esteticista con máis de quince anos de experiencia, está especializada en uñas esculpidas (xel, acrílico, semipermanente,…) e tamén en noivas e maquillaxe para todo tipo de eventos, pero ofrece ademais outros servizos de beleza como extensións de pestañas pelo a pelo, depilacións, pedicuras, tratamentos faciais,…

 

As uñas esculpidas, neste caso de fantasía co Rei León como protagonista, son unha das especialidades de Rocío Carracedo. Foto cedida.

 

Ademais, nesta nova etapa profesional non está soa xa que comparte o local con Adrián Gil Pérez, experto en masaxes que ofrece todo tipo de técnicas: reflesoloxía podal, acupuntura, auriculopuntura, acupuntura do mestre Tung, Gua-sha, método Dejarnette, masaxes (chino, relaxante,…), terapia Bemer,…

O establecemento está aberto de luns a venres de 9 a 21 horas. Para calquera tipo de servizo de beleza, o teléfono de contacto de Rocío é 600 069 954 (tamén servizo a domicilio). No caso de precisar unha masaxe, o contacto de Adrián é 649 692 520.

 

Rocío Carracedo, esteticista e Adrián Gil, masaxista. /Foto cedida.

 

Fotos da galería: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button