DeportesÚltima hora

Esther Hernández, a primeira muller da Transgrancanaria 360º 2019, estará no 4º Gran Premio de Montaña da Rúa

A triple proba (trail longo, trail curto e andaina) celebrarase o 29 de setembro con saída e meta na praza Enriqueta Casanova, en Fontei

A ultradondista ourensá, Esther Hernández.

 

Dende o Club Atletismp Rúa téñeno xa todo preparado para celebrar a 4ª edición da súa proba máis esperada: o Gran Premio de Montaña previsto para o domingo 29 de setembro con tres modalidades: o trail de 33 km, o mini trail de 15 e a andaina accesible para todo o mundo, de 13.

Este ano, a saída e a meta estarán situadas na praza Enriqueta Casanova, en Fontei, e os primeiros en saír ás 9:15 horas serán os participantes no trai longo. Ás 9:30h. sairán os participantes na andaina e os últimos, ás 10h. serán os do trail curto.

As inscricións poden facerse na tenda TriSport da Rúa, em Foot on Mars do Barco e en Bicis y Deportes Chapi do Barco, ademais de on line en www.galitiming.com (ata o 26 de setembro). O prezo para o trail longo  é de 19 euros para os non federados e de 16 para os federados. No caso do mini trail e da andaina o prezo é de 16 para os non federados e de 13 para os federados.

Entre as novidades desta edición, ademais de contar coa presenza de Esther Hernández “Pakitatrail”, a primeira muller na Transgrancanaria 360º 2019, está a inclusión dun tramo do percorrido do trail de 33 km. polo “Pico do Pote, en Roblido, con vistas espectaculares sobre o Sil, adiantan dende a organización, destacando que se trata dunha proba que pretenden potenciar “para poñer en valor os aspectos paisaxísticos e naturais do concello da Rúa”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close