En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Esther Navarrete (Adas) e Víctor Riobó, ganadores no Cross da Rúa

O segundo mellor resultado masculino colleitábao Hassan Lekhili, atleta do Adas, nunha edición con máis de 300 corredores inscritos

O sol recibía aos numerosos atletas de diferentes puntos de Galicia que a partires das dez da mañá comezaban a reunirse na área recrativa do Aguillón na Rúa. Nela desputábanse as diferentes probas do IX Cross da Rúa, que é ademais campionato galego de campo a través de veteranos, campionato provincial federado de cross-Copa de Deputación e final comarcal escolar.

Eran precisamente as categorías inferiores as que abrían o programa a partires das 10:45h. tal e como pode verse nas primeiras imaxes desta galería. Xa ao mediodía desputábanse as probas absolutas e de veteranos. Na categoría feminina impoñíase Esther Navarrete (Club Adas-Proinor do Barco), quen se amosaba moi satisfeita do resultado acado nun circuíto ausente de barro e calificaba o día de “inmellorable”.

O mellor resultado masculino da proba conseguíao o galego Víctor Riobó, mentres que o Adas colleitaba o segundo posto da man do atleta Hassan Lekhili. “É un placer poder estar aquí”, declaraba Riobó ao Periódico O Sil nada máis cruzar a liña de meta. Tamén se amosaba moi ilusionado por ter logrado a vitoria, tendo en conta que había duros rivais, “sobre todo no Adas, con Hassan Ekhili”.

Tamén Ekhili valoraba de maneira moi positiva o seu resultado no campionato. “As sensacións foron moi positivas e este segundo posto está moi ben tendo en conta que había atletas de gran nivel como Riobó e que acabo de saír dunha lesión”, sinalaba ao Periódico O Sil.

Esta sen sido unha das edicións con maior participación con máis de 300 atletas entre nenos e maiores.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis fotos e información:
https://osil.info/probas-ix-cross-da-rua-en-imaxes/
https://osil.info/o-adas-masculino-m35-ganador-galego-de-cross-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button