DeportesÚltima hora

Esther Pedrosa e Emilia Mesa liderarán ás galegas no nacional de atletismo de pista cuberta en Ourense

 

Os días 26, 27 e 28 de novembro Ourense acollerá o Campionato de España máster de Pista Cuberta. “A falta de dous días para o remate de inscripcións (xoves as 23:59), continúa o bo ritmo de confirmacións cuxa cifra final estimada calcúlase que poida pasar amplamente dos 1.200 participantes. Por comunidades, é precisamente Galicia a que ten un maior número de inscritos cun total de 206 participantes, seguida pola Federación madrileña con 179 e da Federación andaluza con 135”, destacan dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

No tocante á participación galega, na que non faltará unha representación valdeorresa, unha das importantes baixas do campionato será a do atleta máster 80 do Atletismo Narón Pepín Rioseco quen acumula nada menos que un total de dez récords mundiais e un europeo. O multiplusmarquista confirmáballe á FGA a súa ausencia por mor dunha leve encordadura de xeonllo que o terá parado ata o vindeiro mes de xaneiro.

Aínda así, “a notable calidade do atletismo máster galego estará representado amplamente en Ourense, onde entre outras, contaremos ca asistencia confirmada de Esther Pedrosa quen xa o pasado día 23 de outubro establecía en Antequera un sensacional récord mundial sobre a proba dos 3.000 m. cun crono de 11:11.16. A maiores a de Santiago, está a facer un ano para enmarcar logrando, ata o momento, un total de seis récords de España na distintas modalidades de ruta, aire libre e pista cuberta”, indica a FGA.

Así mesmo, na categoría femenina, a atleta Emilia Mesa do Ourense Atletismo será outra das participantes de referencia nesta edición. A máster ourensá, plusmarquista nacional en pista cuberta das modalidades de peso F60 e F65 estará competindo sobre este mesmo concurso.

Sen abandoar o círculo de lanzamento de peso, outra non menos importante presenza será a da xavelinista F55 e tetra olímpica rumana, afincada dende fai varios lustros en Galicia, Felicia Tilea, quen aportará calidade e talento a este evento.

Xunto a elas, e a falta de confirmación, tamén poderían estar as e os plusmarquistas nacionais, Domingo Álvarez do Burgas Ourense quen recentemente lograba o récord nacional nos 800 m. ao aire libre cun rexistro de 2:21.44 ; José Miguel López nos 60 valos, Flora Josefa Guzmán nos 200 m ou Soledad Castro sobre os 3.000 m.

Artigos relacionados

Back to top button