DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Estivel Martínez imponse no II Night Trail Quiroga

320 participantes competiron nas tres distancias na noite do 8 de xullo

Por segundo ano consecutivo, a segunda fin de semana do mes de xullo Quiroga converteuse no epicentro deportivo galego coa disputa de dúas competicións con participantes chegados dende as catro provincias e algúns de fóra: o II Night Trail Quiroga e o II Torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino.

Un total de 320 participantes distribuidos en 3 distancias: 26km, 17 km e 10 km (as dúas últimas podían facerse en forma de andaina), participaban na carreira nocturna celebrada o sábado. Xa durante toda a tarde houbo diversas actividades como Zumba para entrar en calor e unha pancetada amenizada por “DJ Michel”, creando un gran ambiente nas rúas de Quiroga para presenciar a proba que comezaba ás dez da noite.

Na carreira máis longa, de 25 quilómetros, os gañadores foron Estivel Martínez Medida que fixo un tempo de 02:13:48 e Vanessa Berdejo Morales (02:42:50). Os locais máis rápidos foron Juan Luis Aguado e Mónica Rodríguez.

Na proba de 17 quilómetros, os primeiros en chegar a meta foron Álvaro Iglesias López cun tempo de 01:26:46 e Silvia Fernández Aguado (01:32:35). Os mellores locais nesta carreira foron Manuel López e María Rodríguez.

E xa na proba máis curta, de 10 quilómetros, os gañadores foron Rubén Vázquez Vázquez e María Martínez Medina. Os locais máis rápidos foron José Manuel Ortega “Chufi” e Aura Pacheco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button