EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Estratexias clave para aumentar as vendas no comercio local

Doménec Biosca explica “os pasos cara o éxito” da man da CEO e da Federación de Comercio de Ourense

“A unión de esforzos permite mellorar os resultados se vai acompañado de formación”, asegura a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e un exemplo témolo na xornada para impulsar o éxito comercial, que tiña lugar na mañá do 4 de novembro na sede da CEO, da man das dúas entidades comerciais ourensás e de Doménec Biosca Asesores.

Alí, acompañado pola propia Beatriz Gómez e o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, Doménec Biosca, autor de máis de 30 libros de Dirección Comercial, Dirección de Hoteles e da xestión eficaz de Destinos, achegou aos asistentes as sete estratexias máis destacadas para incrementar as vendas do comercio ourensán.

Dun xeito ameno e interactuando co público, Doménec asegurou que “o éxito do comercio son as persoas” aconsellando que “non teñades medo a innovar porque será mellorar o que xa temos”, e incidindo en que ao longo dos seus anos de experiencia “nos que nunca tiven nin un xefe nin un soldo fixo”, co que máis aprendeu foi “facendo selección de directivos”. Por iso, ter anfitrións “5 estrelas”, no caso comercial vendedores cunha serie de características (sorrintes, amables, que aporten solucións,…) é unha das sete claves para lograr o éxito comercial. Donénec Biosca falou asemade das técnicas de venda; dos tipos de clientes; da difelización dos clientes; da propina dixital; do marketing e publicidade; e da formación.

Todos, intrumentos clave á hora de conseguir novos obxectivos a través da empatía cos clientes, das técnicas de venda e de fidelizació, de converter os establecementos en moi atractivos desde o escaparate e da mostra dos produtos, “que é o que desexamos”, dixo o presidente da CEO, consciente de que “vivimos momentos nos que a capacidade para competir volveuse crucial no funcionamiento dos negocios, tendo por diante novos retos nunha época na que xa no vale abrir a porta e esperar a que entren os clientes para poder venderlles a nosa mercadoría”.

Artigos relacionados

Back to top button