EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

As estratexias na loita contra as enfermidades do viñedo, analizadas na D.O. Monterrei

Unha xornada técnica promovidas pola Evega abordaba está temática na Casa da Cultura de Alvarellos

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) impartía na mañá do 28 de xuño na Casa da Cultura de Alvarellos a xornada técnica “Previr e/ou curar. As enfermidades da madeira no viñedo a estudo”. O programa desta acción formativa comezaba ás nove da mañá e incluía catro ponencias presentadas por outros tanto expertos.

O primeiro en intervir era David Gramaje (Instituto das Ciencias da Vide e do Viño-ICVV Goberno da Rioxa), quen falaba sobre as “enfermidades da madeira na vide: problemática da planta nova”. De seguido, Jordi Luque (do IRTA da Generalitat de Catalunya) analizaba “as enfermidades da madeira na planta adulta”. Ademais Pedro Mansilla (da Estación Fitopatolóxica do Areeiro-Deputación de Pontevedra) centrábase na “epidemioloxía e etioloxía das enfermidades de madeira nos viños galegos” e Alfonso Ribas (secretario técnico do Ingacal) explicaba o proxecto “Winetwork”.

A xornada completábase cunha mesa redonda coa participación dos catro relatores e que foi moderada por Emilia Díaz, tecnóloga da Evega. A continuación procedíase ao acto de clausura ao que asistían o director da Evega, Juan Casares; o secretario técnico de Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal); Alfonso Ribas; a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Asunción Rodríguez, e o alcalde e teniente de alcalde de Monterrei, José Luis Suárez e Delfín Boo.

Estas xornadas foron organizadas pola Evega en colaboración coa D.O. Monterrei, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e Ingacal. Con elas búscase “transferir ao sector todos os avances no coñecemento científico e técnico que se ten hoxendía sobre las coñecidas como ‘enfermedades da madeira’, en relación á complexidade do seu desenvolvemento e as estratexias para o seu control co fin de conseguir un viñedo máis sostible no tempo”, segundo a organización.

Fotos cedidas polo CRDO Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button