CulturaCulturaÚltima hora

Estrea da curtametraxe “Boteiro”, o 21 de decembro en Viana

Cartel desta curtametraxe.

O vindeiro xoves 21 de decembro terá lugar na Casa da Cultura vianesa o acto de presentación da curtametraxe “BOTEIRO”, un proxecto realizado polo alumnado do Curso de Iniciación ao Audiovisual que o Concello de Viana do Bolo organizaba no mes de setembro. “O acto incluirá a proxección da curta, entrega de premios e moitas sorpresas para os/as asistentes”, segundo adiantan dende o Concello de Viana do Bolo.

Case 3 meses despois, o público vianés poderá gozar do resultado do traballo que os/as mozos/as desenvolveron durante unha semana. Esta produción foi supervisada por Óscar Doviso, Olalla Moreiras, Mariana Romero e Adrián González.

Esta peza proxectábase fóra de concurso no Festival Intercional de Curtas Via XIV Verín, celebrado neste mes de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button