Estrea dunha obra do compositor galego J. Eirás en Ourense

Será interpretada no concerto que a Real Filharmonía de Galicia dará o día 23 de maio no Auditorio Municipal
O compositor galego Juan Eirás.

O compositor galego Juan Eirás.

Baixo a batuta do seu director asociado, o mestro compostelán Maximino Zumalave, a Real Filharmonía de Galicia (RFG) actuará o 23 de maio no Auditorio Municipal de Ourense. Será un concerto no que estreará a peza “Old sailor´s room” (A habitación do vello mariño), do compositor galego Juan Eiras (Vigo, 1977).

Esta obra supón unha homenaxe a un dos artistas plásticos galegos máis destacados do pasado século, Urbano Lugrís, e leva o título homónimo do seu cadro máis relevante. “Toma como punto de partida a dimensión psicolóxica do personaxe principal, Ulises, e dende aí inicia unha singladura que nos leva por unha sote de viaxe imaxinaria que transcorre polos diferentes episodios”, en palabras do propio compositor.

Esta peza foi realizada por encargo da RFG dentro do Programa de Incentivos á Creación que promoven de maneira conxunta a Fundación Autor de la SGAE e a Asociación Española de Orquestras Sinfónicas. A estrea absoluta terá lugar o 22 de maio en Santiago, cun concerto desta orquestra ás 21 horas no Auditorio de Galicia.

Asemade nesta actuación a RFG interpretará “Variacións” sobre un tema rococó para violonchelo e orquestra do compositor romántico ruso Piotr Illich Chaikovski (1840-1893) e “El corregidor y la molinera”, do gaditano Manuel de Falla (1876-1946).

Foto: cedida pola Real Filharmonía de Galicia

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies