OurenseÚltima hora

Estrea en Ourense do novo espectáculo de Maruxa Salas

“Sazón”, o último traballo da compañía de Danza SóLODOS,chega ao Auditorio da man de Maruxa e Erick Jiménez
Maruxa Salas e Erick Jiménez no espectáculo "Vigilia en ausencia".
Maruxa Salas e Erick Jiménez no espectáculo “Vigilia en ausencia”.

O xoves 11 de decembro o Auditorio Municipal de Ourense acollerá a partires das 20:30h. a estrea internacional de “Sazón”, o último espectáculo da compañía de Danza SóLODOS, formada por Erick Jiménez e a ourensá Maruxa Salas.

“Sazón” é unha metáfora sobre a preparación e o encontro do corpo para un acontecemento social. Todas as culturas realizan un ritual do habitual para a celebración dunha festividade, dunha festa… sen importar a xeografía e o contexto cultural sempre existe unha preparación para ese encontro social. Estes feitos van acompañados de accións físicas, onde nos preparamos, nos vestimos, pintamos, cantamos e bailamos para a ocasión e celebramos o encontro. En “Sazón” dous personaxes se preparan para a festa, seus corpos, súas texturas e cores identifican o carácter de cada un dos intérpretes, que realizan un ritual físico de preparación, tamén hai encontros oníricos, e outros onde se van organizando seus corpos para o baile final.

Artigos relacionados

Back to top button