CulturaCulturaÚltima hora

Estrea en Verín de “Entroidar”, documental que amosa a autenticidade do Entroido de Laza

Esta proxección, con cheo do aforo permitido, forma parte das actividades paralelas do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV

Cola diante do Auditorio de Verín para asistir ao documental “Entroidar”./ Foto: FIC.

 

Arredor da singularidade do Entroido de Laza xira o documental “Entroidar”, dirixido polo compostelán Pablo Ces. Este traballo estreábase na tarde deste 8 de setembro no marco do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín con cheo total do aforo do Auditorio de Verín. Moitos dos espectadores viñan de Laza.

Tras a súa primeira visita a este Entroido, en 2018, o director da obra quedou impresionado pola autenticidade da festa e decidiuse a filmar un documental de índole etnográfica, que agarda poida ter percorrido “en diferentes festivais”.

 

 

O documental busca desbotar mitos e quere achegar unha ollada a “como se transforman as persoas que están detrás dos personaxes do Entroido de Laza”.

Durante a pasada edición do FIC Vía XIV, celebrada en 2019, exhibiuse un avance deste documental e celebrouse un coloquio posterior no que participou o seu director, Pablo Ces. Cunha dilatada traxectoria no eido audiovisual, Ces conta cun premio Mestre Mateo, que obtivo en 2011 polo documental As silenciadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close