ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Estréase con éxito a “Ruta dos Lagares e Vía Romana” de Larouco

 

Ás dez e media desta mañá de 9 de xullo partía dende as proximidades da Igrexa de Santa María en Larouco o primeiro percorrido da Ruta dos Lagares e Vía Romana”, duns 6,5 km.

 

 

Trátase dunha iniciativa coa que o Concello de Larouco aposta por poñer en valor de forma integral o seu valioso e variado patrimonio cultural de diferentes épocas coa súa fonda tradición vitivinícola. Dela forman parte tres rutas temáticas, a primeira das cales é a que se inauguraba este sábado, que permitan a veciñanza e visitantes desfrutar de maneira conxunta destes recursos camiñando.

 

 

Esta ruta, que permite descubrir os antigos lagares rupestres que se conservan en Larouco, é de dificultade baixa e ten unha duración 3 horas de duración.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button