CulturaCulturaÚltima hora

Estréase en Galicia “Entre pastores e lobos”, documental rodado no Macizo Central Ourensán

Unha representación de Manzaneda, Vilariño de Viana do Bolo acudía a esta proxección, enmarcada na 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Publicidade
A representación de Manzaneda, Vilariño e Viana do Bolo, antes da proxección do filme./ Cedida.

 

Cunha compaña moi especial, o director de “Entre pastores e lobos”, Manuel Pedrosa, e os guionistas do filme, Pedro Alonso e Mariam Mariño, presentaban este documental no Teatro Principal de Santiago na tarde do 7 de abril.

Ata alí se desprazaban seis dos protagonistas deste traballo, rodado no Macizo Central Ourensán, así como os alcaldes de Manzaneda e Viana do Bolo, Amable Fernández e Abelardo Carballo, a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, e o concelleiro vianés Santiago Barja.

Entre documental é un dos once filmes da sección oficial da 16 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, que se está a desenvolver nestes días en Compostela.

Á súa chegada a Santiago a representación de Viana, Vilariño e Manzaneda era recibida polo  director e guionistas do filme, así como por representantes da mostra e do Museo do Pobo Galego. Xa no teatro, e tras unha breve presentación, dábase paso á proxección deste traballo.

“Entre pastores e lobos” relata as experiencias dos últimos pastores das serras, ligadas ao ciclo natural das estacións e da montaña e, céntrase, de xeito especial, na súa convivencia co lobo.

 

Un dos momentos da estrea.

 

Artigos relacionados

Back to top button