Galerías de fotosÚltima hora

Estréase “Il Piacere, Chill Out”, no Barco

O establecemento de hostalería Il Piacere Gastrobar, situado na rúa Constitución do Barco, vén de ampliar os seus servizos coa apertura dun novo espazo gastronómico con zona chill out, que xera un ambiente moi especial, tanto a cuberto como cunha zona de xardín. Inaugurábase na tarde-noite do 17 de xuño. A carne de calidade será un dos referentes do seu abano de propostas gastronómicas e entre as súas especialidades figura o churrasco de tres tipos: de tenreira, boi e porco. Ademais traballarán pezas de carne co corte “tomahawk”.

Tamén se pensa nos comensais infantís, de aí que se ofrezan suxerencias como hamburguesas de tenreira, boi e un montado de lomo de porco celta.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button