CulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Estréase un curso escolar diferente no CEIP Julio Gurriarán do Barco

 

De maneira escalonada, a partir das 9:05h. e ata as 9:30h. deste xoves 10 de setembro empezaban a entrar no CEIP Julio Gurriarán do Barco os seus alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Mantendo en todo momento as distancias de seguridade, os pais e as nais acompañaban aos seus fillos, todos con mascarilla, ata a porta de acceso ao recinto escolar. De un e un, entraban primeiro ao patio, onde os profesores os colocaban separados por curso e, unha vez que estaban todos, tomábaselles a temperatura, dirixíanse á aula tras pasar por unha alfombrilla desinfectante e botabáselles xel nas mans.

Comezaba así un reencontro coas aulas marcado polas medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid.

No exterior a Policía Local do Barco velaba por que se respectasen fóra do recinto as medidas de seguridade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button