CulturaCulturaÚltima hora

“Estrela do Día”, unha comedia “divina” este venres no Barco

Este espectáculo de Producións Teatráis Excéntricas, poderá verse no escenario do Teatro Lauro Olmo ás 20h.

 

Soldados que escapan da guerra, unha moza obrigada a casar con alguén a quen non quere, persoas expulsadas dos seus fogares, outros que procuran a cura dunha enfermidade mortal, unha monxa que fuxe do convento… Son algúns dos personaxes que desfilarán polo escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco este venres 14 de maio ás 20h. coa posta en escena de “Estrela do Día”.

Esta comedia de Quico Cadaval, que Producións Teatráis Excéntricas trae ao Barco, propón unha visión actualizada dos milagres de Santa María (recollidos en códices do século XIII), aplicados aos problemas actuais, que curiosamente plantexan asombrosas similitudes cos da Idade Media. “Dramas resoltos pola intervención milagrosa de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés”, segundo a compañía

A peza, dirixida por Marcos PTT Carballido, estará interpretada por Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez.

 

Imaxe: Producións Teatráis Excéntricas.

Artigos relacionados

Back to top button