OurenseÚltima hora

Estudantes de Finlandia, Hungría, Italia, Portugal e Estados Unidos participarán en diversas actividades do FIC Vía XIV de Verín

Un grupo de 20 alumnos que visitan o IES Xesús Taboada Chivite no marco do programa Erasmus + asistirán ao ciclo “As dúas caras do Sahara Occidental”

Presentación do programa Erasmus + no IES Xesús Taboada Chivite.

 

O FIC Vía XIV de Verín propiciará, nesta cuarta edición, o intercambio de experiencias e o fomento da formación en torno á cinematografía para alumnos de diversos países que visitarán a vila no marco do programa Erasmus +. Un grupo de 20 estudantes, procedente de países coma Finlandia, Hungría, Italia e Portugal, terá a oportunidade de visionar a programación integrada no marco da actividade paralela As dúas caras do Sahara Occidental, durante a mañá do xoves 5 de decembro na Casa da Cultura de Verín.

O grupo forma parte dun programa de intercambio estudantil co IES Xesús Taboada Chivite e visitará a vila do Támega na semana na que se celebre o certame. “Trátase de estudantes que participan nun programa da UE cuxo obxectivo é apoiar a educación, a formación e a actividade deportiva no continente”, sinala César Sánchez Pampín, director do centro que acolle aos estudantes.

Estes non serán os únicos estudantes estranxeiros que visiten Verín durante a semana do Festival Internacional de Curtas. Ata a vila tamén se achegarán dúas estudantes da Universidade de Clemson (USA) que formarán parte do grupo de traballo do certame.

Artigos relacionados

Back to top button