CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Estudantes de Viana do Bolo entre os mozos que alzan a voz contra as noticias falsas e o racismo

Un cento de alumnos de secundaria de diferentes partes de Galicia crean en Silleda microvídeos advertindo do o impacto que teñen o bulos e o racismo en medios e redes na adolescencia

 

Un cento de estudantes de Secundaria de toda Galicia, entre eles 22 alumnos do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, denunciaron hoxe en Silleda o impacto que teñen as noticias falsas e o racismo presente nos medios e nas redes na sociedade e, moi especialmente, na rapazada. Fixérono nun encontro intercentros ou hackathon incluído no proxecto EpDLab que, en palabras do director IES Pintor Colmeiro de Silleda pon o foco no papel do diálogo, da educación e do xornalismo nun contexto convulso como o actual.

Para combater esta problemática, elaboraron unha serie de microvídeos nos que se dirixen principalmente ás e aos adolescentes, pero tamén ás persoas adultas, para advertirlles que todas e todos podemos ter actitudes racistas “sen nos decatar”; que debemos contrastar as informacións que recibimos “especialmente, a través das redes sociais”, porque poden ser falsas; e que os bulos e o discurso do odio vai sempre en contra da xente máis vulnerable.

A rapazada participante no hackathon advírtenos que coas nosas actitudes podemos facer unha sociedade mellor, evitando o uso de estereotipos, desmentindo os bulos e denunciando os contidos racistas que vemos nas redes. “A clave para conseguir un entorno dixital máis diverso, igualitario e inclusivo”, indican, “é ter máis empatía e reivindicar que todos os seres humanos debemos ter os mesmos dereitos”.

Artigos relacionados

Back to top button