EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Estudo sobre riscos laborais no sector vitivinícola na D.O. Valdeorras

O Sindicato Labrego Galego presentaba os resultados deste traballo realizado pola valdeorresa Mónica Vázquez
A enxeñeira Mónica Vázquez e Antonio Ferreiro, especialista en riscos laborais, na presentación do estudo no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A enxeñeira Mónica Vázquez e Antonio Ferreiro, especialista en riscos laborais, na presentación do estudo no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

En base a una enquisa realizada aos membros da Asociación de Viticultores Sil-Valdeorras, a enxeñeira agrónoma valdeorresa Mónica Vázquez vén de elaborar un “Estudo de seguridade e saúde na viticultura da D.O. Valdeorras”. As súas conclusións presentábaas aos medios nunha rolda de prensa convocada polo Sindicato Labrego Galego (SLG) na mañá do 24 de outubro no edificio multiusos do Barco.

Entre outros datos, neste informe revélase a avanzada idade media dos traballadores do sector, tendo en conta que o 51% das persoas entrevistadas “leva máis de 21 anos traballando nos viñedos. Trátase dun sector moi masculinizado, en xeral, no que as mulleres traballan na viña en labores moi puntuais e moitas non conducen o tractor”, sinalaba a autora.

Asemade o 94,3% das explotacións enquisadas teñen tractor, remolque, arados, ganchos, fresas e cisterna. “Isto é importante, pois o tractor é a maior fonte de accidentes. O estudo revelou tamén que ao redor do 30% da maquinaria agrícola usada nesta DO non está homologada coa normativa da Unión Europea e que o 35% dos tractores non dispoñen de cabina, sistema para evitar envorcos, mecanismos para absorber vibracións, nin sinais de aviso necesarias, o que supón un serio perigo para a terceira parte dos viticutores e viticultoras da DO”, citando de novo a Mónica Vázquez.

Nesta presentación, a autora do traballo estivo acompañada por Antonio Ferreiro, especialista en riscos laborais no agro do SLG, quen se refería á sinistralidade do sector en Galicia, apuntando no que vai de 2014 as vítimas por accidentes laborais no agro “andarán ao redor das 20, unha media anual que se cumpre fatidicamente na última década”.

Artigos relacionados

Back to top button