DeportesÚltima hora

Etapa maratón Titan Desert

Víctor Álvarez Diéguez, corredor rues, explica neste artigo a súa experiencia nesta proba internacional de ciclismo
O autor durante a competición na Titán Desert./ Foto cedida por Víctor Álvarez Diéguez.
O autor durante a competición na Titán Desert./ Foto cedida por Víctor Álvarez Diéguez.

Despois da emoción da primeira etapa apáganse as luces no campamento. É hora de descansar pero é un día especial. O bullicio continúa polos pasillos das haimas; un mar de teas marroquíes que colorearán as nosas vidas nos próximos días. A gran maioría dos participantes afánanse en preparar a bicicleta para a etapa maratón. Consiste en dous días de carreira (segunda e terceira etapas) nos cales non podes recibir asistencia de ningún tipo: non tes servizo de mecánica e tampouco de fisioterapia; ademais deberás de portar todo aquilo que podas necesitar. O campamento deixa de ter as comodidades habituais como a túa propia cama na haima (co que iso supón: durmir no chan, duchas…) para pasar a ser dos grandes vivac nos cales imos compartir sono ao redor de 250 titanes en cada unha.

Pero, volvendo á preparación da noite anterior, ¿que levamos na bicicleta? Hai que tentar colocar o saco de durmir e a colchoneta técnica hinchable no manillar, entre os cables e o dorsal, todo iso ben agarrado con bridas para no perdelo polo camiño; logo tentar repartir polo cadro algunha cámara e kit antipinchazos; todo para tentar alixeirar a mochila camelbak (que neste día alcada un peso considerable) tendo en conta todo a equipaxe que hai que portar, máis os tres litros de auga que tes levar obrigatoriamente cada día.
Dentro do camelbak hai que meter unha equipación de culote e maillot (un pequeno gran truco é levar a roupa envasada ao vacío) para o día seguinte, aínda que moitos participantes optan polo lavado e reutilización.

Tamén hai que meter a suplementación alimentaria para cada día (barritas, xeles, recuperadores, etc) ademais de roupa de abrigo lixeira para pasar a noche. Isto último é fundamental tendo en conta que ese día o campamento adoita estar situado en zona do Atlas a unha altura duns 2.000m. onde pode chegar a a haber unha temperatura baixo cero gran parte da noite; o importante é a difícil misión de non pasar frío. Coa bicicleta e a mochila preparadas imos tentar durmir. Non sei se é a emoción ou pensar no que nos espera nunhas horas pero é difícil conciliar o sono.

Segundo día de carreira; toca diana; soa unha canción xa habitual, “Ho Hey” de The Lumineers; son as 6:00h; comeza a etapa maratón.
Entre as seis e as oito as tareas a realizar son varias e o tempo é bastante xusto: aseo, almorzo (onde non pode faltar o xamón, -si, xamón- ás seis e media da mañá, para previr a deshidratación -iso din- e a verdade é que funciona), preparar a roupa e vestirte, recollida de auga e control de chip.

Ás dase a saída á carreira. Son etapas longas, de 140 e 150km. respectivamente, onde cada un dá o que ten. A chegada ao campamento prodúcese de forma moi escalonada. O primeiro ao chegar é deixar a bici nol parking e ir á haima a buscar sitio para pasar a noite o mellor posible; colocar tódolos enseres, saco, inflar colchoneta, un pequeno aseo sen abusar de auga e un vistazo á bicicleta, máis que nada limpeza e engraxe de cadea.

Despois do acomodo dispoñémonos a comer aínda que, iso si, temos o restaurante de tódolos días: pasta e máis pasta. O día vai pasando entre estiramentos e chegada de participantes, charla cos compañeiros e amigos, recarga de dispositivos gps, teléfonos, etc. A noite cae e é hora de durmir, o cansancio fai efecto e outra vez está aí!!! Bos días titanes!!!

Espertamos de novo ao ritmo da música. Comeza a que probablemente é e etapa máis dura da carreira. En canto ao material a preparar agora témolo máis doado posto que o saco de durmir xa queda en Marrocos e na súa funda métese a equipacion usada. As pernas un pouco máis pesadas (no houbo descarga de fisio), a bicicleta un pouco más sucia (non houbo mecánico).

Cando se pasa a liña de meta só pensas en deixar a bici no parking e ir correndo a pedir cita para fisioterapia e tamén unha boa ducha. Tes ganas de chegar, de que se termine a etapa, sufres ata a última pedalada, pero nese momento xa estás pensando na ETAPA MARATÓN do ano seguinte.

Artigos relacionados

Back to top button