OurenseÚltima hora

Ethel Vázquez: ‘O transporte metropolitano aplicarase este mesmo ano’

Os alcaldes de Ourense e comarca reuníronse coa Conselleira de Infraestruturas para coñecer os avances na materia
A Conselleira Ethel Vázquez reuníuse cos alcaldes en Santiago.

Os alcaldes de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén, pertencentes á comarca de Ourense,  reuníronse esta tarde coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para coñecer os avances que está a realizar o Goberno Galego en materia de de melloras no transporte metropolitano.

Os alcaldes de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén, pertencentes á comarca de Ourense, reuníronse esta tarde coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para coñecer os avances que está a realizar o Goberno Galego en materia de de melloras no transporte metropolitano.

Neste senso, a Conselleira trasladou aos rexedores municipais que o seu departamento está a traballar para coordinar a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano co proceso de reordenación das liñas de transporte interurbano que prestan servizo nestes municipios e “que se aplicará este mesmo ano”, subliñou.

Segundo explicou Ethel Vázquez, o obxectivo desta reordenación é “garantir que os cidadáns, especialmente os do rural, teñan acceso ao servizo de autobús máis atractivo”, polo que a previsión da Xunta é facer posible que o autobús urbano preste servizo a concellos limítrofes cando estea xustificado e por razóns de demanda.

A Conselleira avanzoulles, ademais, que esta mesma semana terán lugar diversas reunións cos concellos nas que os técnicos do seu departamento explicarán aos representantes municipais os detalles do proceso de reordenación do transporte e fórmulas para a súa participación.

Finalmente, Ethel Vázquez sinalou que o obxectivo do Goberno galego é que cada concello poida expoñer en detalle cal é a súa relación co transporte público, as demandas e prioridades dos veciños nesta materia para, a partir de aí, establecer o xeito máis eficaz e eficiente de prestar ese servizo.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recalcou “a importancia de que todos os concellos da área metropolitana se impliquen nun traballo conxunto que aúne as necesidades de todos os concellos e así se satisfagan as demandas dos veciños”.

Artigos relacionados

Back to top button