EconomíaEconomíaÚltima hora

A Eurocidade Chaves-Verín será a sede da Rede Termal do Eixo Atlántico

Esta rede termal do Eixo Atlántico estará baseada en sete puntos entre os que están a creación de hábitos saudables ou a creación dun Club de Produto Termal
A xuntanza tivo lugar na sede da Eurocidade Chaves-Verín.

Os alcaldes, concelleiros e representantes das cidades e vilas termais de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, para pechar a proposta de convenio que permitirá a constitución formal da rede termal na Eurorrexión. Na mesma, decidiuse que a sede da Rede sexa na Eurocidade Chaves-Verín e foi nomeado por unanimidade Antonio Cabeleira, presidente da AECT Eurocidade, como máximo representante da rede termal do Eixo Atlántico.

O acordo foi comunicado aos medios polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, ao remate da reunión desenvolvida onte, 8 de febreiro, na sede da Eurocidade Chaves-Verín. A reunión foi presidida polo presidente da entidade, Antonio Cabeleira. O documento tamén inclúe as actividades e os medios de financiamento que permitirán pór en marcha un programa de actuacións que comezará a ser executado no presente ano. O meso será ratificado na próxima xuntanza da asemblea xeral da rede en Guimarães, o 22 de marzo, coincidindo co día internacional da auga.

O presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, como presidente da rede termal do Eixo, agradeceu o nomeamento. A reunión contou coa presenza dos membros fundadores (representantes dos concellos con termas ou balnearios de Galicia-Norte de Portugal), do secretario xeral do Eixo Atlántico e técnicos deste organismo. Asemade, acudiron alcaldes de vilas que non están integradas no Eixo Atlántico pero que contan con balnearios dunha gran sona, como é o caso do alcalde de Casal de Reis, Juan Manuel Rey.

O presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, referiuse tamén ao enorme potencial termal que representa a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en canto á cantidade, calidade e diversidade das augas termais con que conta esta área xeográfica.

Os sete puntos estratéxicos nos que se vai basear esta nova rede termal do Eixo Atlántico son, por unha banda, a promoción dos hábitos biosaudables. Tamén crearán un Clube de Produto Termal, na que se inclúe unha tarxeta do termalista que fidelice aos amantes do termalismo en base aos sete millóns de cidadáns que residen nas cidades e vilas do Eixo Atlántico. Outros puntos son a investigación e a colaboración coas universidades, a promoción conxunta dos destinos termais, a captación de recursos de financiamento con programas e planes europeos e a formación e visibilidade dos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais

.

Artigos relacionados

Back to top button