DeportesEn portadaÚltima hora

Eva Arias, Belén García, Leticia Gil e Carlos Revuelta, atletas valdeorreses no nacional absoluto

O Campionato de España celebrarase na vindeira fin de semana en varias pistas madrileñas

A atleta Eva Arias./ Foto cedida.

 

Entre os 29 atletas galegos que teñen previsto participar na fin de semana do 12 e 13 de setembro no Campionato de España absoluto (nas pistas madrileñas de Moralataz, Alcobendas, Vallehermoso e Getafe) non faltará a presenza valdeorresa con ata catro representantes.

É o caso da vilamartinesa Eva Arias da Ximnástica de Pontevedra, que tomará a saída na proba dos 3.000 obstáculos. Ademais acudirá á cita Belén García do ADAS Proinor, que debuta nun nacional absoluto de aire libre nos 400 valados.

 

A barquense Belén García, durante unha competición./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Outra das representantes valdeorresas será Leticia Gil (Playas de Castellón), bronce o ano pasado en pista cuberta e que “estará novamente na loita polos postos de honra na lonxitude malia as só cinco competicións efectuadas este ano ao aire libre”, tal e como sinala a Federación Galega de Atletismo (FGA). Ademais en martelo contarase coa participación do subcampión galego Carlos Revuelta do Marathon.

 

Os atletas Leticia Gil e Carlos Revuelta nunha imaxe tomada nunha tempada anterior./ Foto cedida.

 

“A cita máis importante do ano, e asumindo todas cantas medidas sanitarias se teñen establecidas, adquire un significado moi especial xa que se trata de nada menos que da edición número cen, que sen embargo será lembrada desafortunadamente por outros motivos que nada teñen que ver con este importantísimo aniversario”, destacan dende a FGA.

Aínda así, a federación galega considera que “a celebración deste campionato supón a consolidación dunha ¨nova realidade¨ que pasa pola adopción dunha serie de medidas excepcioanis que comezarían a fin de semana pasada ca disputara da Copa de Clubs e que seguirá as vindeiras datas ca celebración de máis campionatos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close