CulturaCulturaÚltima hora

Eva Díez, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2015

O xurado decidíu outorgar o galardón, lanzado polo festival Outono Fotográfico, ao traballo “Renacer”
O xurado do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
O xurado do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é un certame lanzado polo festival Outono Fotográfico que ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. “Pretende promover a creación dun espazo fotográfico no noso país que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores e autoras tanto nacionais como estranxeiros”, explican dende a organización.

O xurado desta terceira edición, estivo composto polo curador e profesor de Belas Artes, X.M. Buxán Bran; o fotógrafo e conservador da Colección Alcobendas, José María Díaz Maroto; a directora do Festival Encontros de Agosto de Fortaleza, Brasil; o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o curador da sección oficial do festival, Vítor Nieves; a xestora da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago; a representante da Xunta, Mercedes Gallego; e a secretaria da Asociación Proxecto Benito Losada, Manu Gallego, facendo tamén de secretaria.

Despois de visualizar proxectos chegados desde varios países, o xurado decidía premiar o traballo “Renacer” da fotógrafa Eva Díez, un proxecto fotopoético “que pon en marcha de forma radical as oposicións esencias da fotografía: luz e escuridade, primeiro plan e plano de fondo ancorados por insinuacións de plans medios, vacío e porén presenza máis alo do que vemos… e unha certeza: a extraordinaria beleza que non por elo deixa de ser inquietante. Percorre un camiño por casas abandoadas que máis parecen sonos con pazos encantados”, explican dende o Outono Fotográfico.

O premio consiste na produción dunha exposición e a edición dun libro, ademais da posta en valor do traballo gañador itinerando a mostra e distribuíndo a publicación. Ten unha dotación de 12.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button