OurenseÚltima hora

Eva Feijoo e Roi Naranjo, triples medallistas no galego de salvamento e socorrismo celebrado en Ourense

O club ourensán Salvour sumaba dous ouros, unha prata e tres bronces na competición celebrada na Piscina Rosario Dueñas

 

A piscina Rosario Dueñas de Ourense acollía esta fin de semana o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo Deportivo nas categorías xuvenil, júnior e sénior. Unha competición na que o equipo anfitrión, o Salvour, participaba con tres deportistas que conseguían dúas medallas de ouro, unha de prata e tres de bronce, logrando as mínimas necesarias para acudir ao Campionato de España de Primavera que se celebrará en Torrevieja (Alicante) os días 8 e 9 de maio.

Espectacular competición fixo a júnior Eva Feijoo Gómez, campioa galega, que conseguía sendos ouros nas probas dos 100 metros combinada de salvamento, con 1’22”; e dos 100 metros socorrista, con 1’09”; sendo ademais prata na dos 200 metros obstáculos con 2’20”. Roi Naranjo Estévez pola súa banda, sumaba tres bronces nos 200 metros obstáculos, con 2’16”; nos 100 metros socorrista con 1’04”; e nos 100 remolque de maniquí con aletas con 0’59”. O terceiro depostista local, Samuel Iglesias Méndez obtiña un quinto posto na proba de 100 metros socorrista.

A próxima cita do Salvour será xa a vindeira fin de semana en Carballo (A Coruña) co Campionato Galego Máster de Salvamento e Socorrismo ao que acudirá a deportista Cristina García Colomo.

Fotos: Salvour

Artigos relacionados

Back to top button