ConcellosParada de SilÚltima hora

Evacuada en helicóptero unha muller ferida no municipio de Parada de Sil

Publicidade

 

Pasadas as 18:30 horas da tarde de onte, domingo, o helicóptero medicalizado con base en Santiago desprazábase ata o lugar de Sardela, no concello de Parada de Sil, para evacuar a unha muller ferida que caera desde un muro.

“Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para a súa nai que caera dun muro de dous metros de altura aproximadamente. Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil”, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto cedida por Protección Civil de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button