ConcellosÚltima horaVerín

Evacuado en helicóptero un ciclista tras caer da súa bicicleta no monte de Queirugás (Verín)

 

Unha persoa ferida de consideración esta mañá no municipio de Verín ao caer da bicicleta que manexaba nas proximidades do Monte de Queirugás, tal e como informa o 112 Galicia.

A caída producíase nunha zona de difícil acceso e, para atender ao ciclista, foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia que o evacuaron ata un helicóptero medicalizado no que foi trasladado a un centro hospitalario, indica o 112

O 112 Galicia era alertado do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao fío das 12:00 horas e, “decontado, desde Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Verín, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button