OurenseÚltima hora

Evacuado en helicóptero un home tras sufrir unha caída mentres cortaba unha árbore en Allariz

 

Arredor das 16:00 horas desta tarde de sábado, o helicóptero medicalizado con base en Ourense do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desprazábase ata Santa Baia de Urrós, no concello de Allariz, para evacuar a un home que caera dunha árbore mentres cortaba unha póla, segundo informa o 112 Galicia.

Nada máis recibir a chamada dun particular, que indicaba que no lugar onde se atopaban presentaba dificultades para acceder a ambulancia, o 112 Galicia informou ao persoal sanitario. De igual xeito, foron avisados a Garda Civil, os Bombeiros de Xinzo e os efectivos de Protección Civil da localidade, segundo os datos do 112 Galicia.

Unha vez tomou terra, o ferido puido ser trasladado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button