OurenseÚltima hora

Evacuado en helicóptero un operario tras sufrir un accidente en Melón

 

Arredor das 13:30h. desta tarde un traballador dunha canteira de Melón sufría feridas de consideración ao caerlle unha pedra enriba das pernas, segundo informa o 112 Galicia, que era alertado por un compañeiro do ferido.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador accidentado e no que foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos efectivos dos bombeiros do GES de Ribadavia e dos axentes da Garda Civil, “para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave”, tal e como indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button