OurenseÚltima hora

Evacuado un ciclista na Xironda (Cualedro), tras sufrir unha caída

Publicidade

 

Arredor das 9:45h. desta mañá un ciclista que circulaba por unha pista forestal, á altura da Xironda, no municipio ourensán de Cualedro, sufría unha caída. “Foi un compañeiro do ferido quen chamou ao 112. Indicaba que estaba ferido e que se atopaba moi mareado”, segundo informa o 112 Galicia, que tras recibir o aviso alertaba aos servizos sanitarios de urxencia, á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cualedro-Monterrei.

“Tamén foron informados os Bombeiros de Verín que, aínda que non chegaron a intervir, desprazáronse ao punto tras confirmarse que o ferido estaba nunha zona de difícil acceso. Finalmente, os membros de Protección Civil puideron chegar ata o ferido e trasladárono ata onde o agardaba unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, segundo indica o 112 Galicia.

Unha vez na ambulancia, o ciclista, foi trasladado polo persoal sanitario ao Hospital de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button