ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Evacuados da estación de montaña de Manzaneda neste mércores 2 menores que se sentían indispostos

Publicidade

 

Na xornada deste mércores 6 de xaneiro Protección Civil de Trives realizaba dúas intervencións na estación de montaña de Manzaneda para atender a dous menores que se sentían indispostos e que eran evacuados da zona. A primeira destas intervencións tiña lugar en torno ás 13h. Unha menor que se sentía mareada era atentida por Protección Civil da Pobra de Trives, despois era avaliada in situ por un médico e un ATS do PAC de Trives, e, posteriormente era trasladada por Uxencias Sanitarias-061 ao Centro de Saúde de Trives.

Unha situación moi semellante tiña lugar arredor das 16:15h., cando se recibía un novo aviso doutro menor se sentía indisposto na estación, intervindo novamente Protección Civil e, procedendo, posteriormente á súa evacuación nunha ambulancia do 061 ata o Centro de Saúde de Trives.

Fotos: Protección Civil de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button