ConcellosO BarcoÚltima hora

Evítase o suicidio dun home na pasarela do Salgueiral, no Barco

 

A intervención dos servizos de emerxencia evitaba un suicidio a primeira hora deste domingo 20 de setembro na pasarela que comunica o Malecón do Barco co Salgueiral. O suceso tiña lugar arredor das 8:30h. cando un home trataba de tirarse ao río Sil.

Ata o lugar desprazábanse o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Garda Civil, a Policía Local, así como persoal de emerxencias sanitarias e bombeiros do parque comarcal. Os efectivos de emerxencia tamén se preparaban para un posible rescate no río.

Finalmente, tras unha longa conversa co home, cuxa noiva tamén acudía ao lugar; este desistía e baixaba da pasarela.

Artigos relacionados

Back to top button
Close