SanidadeÚltima hora

Evolución dos casos activos de coronavirus no Barco de Valdeorras

A cifra máis alta nesta segunda onda da pandemia foi de 87 casos o pasado 8 de outubro

Gráfico da evolución dos casos activos no Barco.

 

Dende o inicio desta segunda onda da pandemia de coronavirus, avanzado xa o mes de setembro, o municipio do Barco de Valdeorras, cabeza de comarca e o máis afectado en canto a contaxios, moveuse entre os 44 casos activos (rexistrados o 29 de setembro) e os 50 que figuran a día de hoxe, 20 de outubro.

Así se reflicte no gráfico elaborado dende a Consellería de Sanidade que marca como punto álxido en canto a contaxios o día 8 de outubro cun total de 87 positivos. A partir de aí os casos foron diminuíndo ata os 72 rexistrados o día 13. Aínda volvían subir dous días consecutivos (a 73 o día 14 e a 76 o día 15), mantíñanse dous días nos 68 e volvían baixar progresivamente ata os 50 actuais. A baixada máis importante foi a que se produxo o pasado domingo 18 de outubro, dos 68 do día anterior aos 56.

 

Artigos relacionados

Back to top button