SanidadeÚltima hora

A evolución do sistema sanitario provincial nos últimos 25 anos, nunha mostra en Verín

Esta exposición, que xa pasou pola cidade de Ourense, conmemora o 25 aniversario da transferencia das competencias sanitarias á Xunta
Algúns dos paneis da exposición "25 aniversario da transferencia Sergas en Ourense", instalada no Hospital de Verín.
Algúns dos paneis da exposición “25 aniversario da transferencia Sergas en Ourense”, instalada no Hospital de Verín.

Ao longo de case dez paneis pode percorrerse a historia sanitaria ourensá dos últimos 25 anos. Cada un deles forma parte da exposición instalada no Hospital de Verín e coa que se conmemora o cuarto de século da transferencia das competencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia. Inaugurábase na mañá do 9 de maio coa presenza da xerente de xestión integrada ourensá, Eloína Núñez, así como da actual xerente do Hospital de Verín, Guillermina Agulla, así como dun dos seus anteriores xerentes, Enrique Isaac Pérez, entre outras persoas.

A xerente do Hospital de Verín, Guillermina Agulla, cun dos ex xerentes deste centro, Enrique Pérez.
A xerente do Hospital de Verín, Guillermina Agulla, cun dos ex xerentes deste centro, Enrique Pérez.

Nos paneis faise un repaso pola traxectoria e evolución en materia de estrutura e xestión sanitaria, facendo especial fincapé en cuestións como a Atención Primaria e, no caso da zona de Verín, a creación deste hospital comarcal.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close