OurenseÚltima hora

Estabilizado o incendio de San Millao (Cualedro), que afecta a unhas 1.535 hectáreas

O incendio forestal de San Millao. / Foto: Brif Vilamaior.

 

Está estabilizado o incendio forestal da parroquia de San Millao (Cualedro), dende as 22:21h do venres, 31 de xullo. O lume orixinouse o mércores, 29 de xullo, cando menos en dous focos diferentes simultáneos. Segundo novas estimacións da consellería de Medio Rural, a superficie afectada é de 1.535 hectáreas, das cales 525 son agrícolas e 1.010 forestais (960 de monte raso e 50 de arbolado).

Na súa extinción lévans mobilizado 2 técnicos, 37 axentes, 95 brigadas, 38 motobombas, 6 pas, 13 helicópteros e 13 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).

 

Artigos relacionados

Back to top button