ConcellosÚltima hora

Exaltación do lume e da palla, nos Fachóns de Castro Caldelas

Esta localidade celebrará esta ancestral tradición o 19 de xaneiro
Procesión de fachóns por Castro Caldelas.
Procesión de fachóns por Castro Caldelas.

Na escuridade, un abaneo de chamas percorrerá o casco antigo de Castro Caldelas. Na tarde e noite do 19 de xaneiro esta localidade ourensá revivirá unha anterga tradición: a Festa dos Fachós, nha exaltación do Lume e da palla.

Os preparativos da festa comenzan un ano antes coa sementa do centeo, a sega, a acarrexa e a malla, “proceso que culmina coa feitura dos máis de 500 fachós indivuduais e o gran fachón en representación dos que antes se facían polos veciños dos distintos barrios e parroquias competindo entre si por ver cal era o máis grande. Ao mecanizarse a palla e ser un ben escaso o Concello tivo que tomar o relevo e recuperar as vellas costumes porque senón non había posibilidade de facer os Fachós. Para elo comprou unha malladora tradicional “, tal e como se destaca dende o Concello de Castro Caldelas.

Preparando o gran fachón.
Preparando o gran fachón.

A festa comezará na tarde do 19 de xaneiro cunha procesión presidida por un San Sebastián, feito en palla, ao que lle segue o Gran Fachón (cun mínimo de 30 metros). Detrás van os máis de 500 Fachós individuais que o Concello pon o dispór dos veciños e visitantes. Saen do adro do Santuario dos Remedios, cruzan a Praza do Prado, percorren o casco histórico, rodeando o Castelo coas luces apagadas (a excepción da iluminación da silueta da súa silueta).

Imaxe dalgúns dos pequenos fachóns.
Imaxe dalgúns dos pequenos fachóns.

Despois volven cos restos ao Santuario e deposítanos arredor dunha enorme fogata preparada para enroscar os restos do gran fachón de xeito que parece unha serpe. A partir de aí comezará a parte gastronómica da festa, con música de gaiteiros e charanga tradicional. Hai un reparto de chourizos, seguidos de bica, viño da Ribeira Sacra e “unha monumental queimada”.

Artigos relacionados

Back to top button