ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Excarcerada unha muller tras sufrir un accidente na N-120 en Monforte

 

Unha muller era excarcerada do interior do vehículo no que circulaba, tras sufrir esta madrugada un accidente con outro coche na estrada N-120 ao seu paso por Monforte de Lemos. “A colisión tivo lugar arredor do punto quilométrico 521, e foi a Policía Nacional da localidade quen alertou ao 112 Galicia do sinistro pasadas as dúas da madrugada. Na comunicación, os axentes solicitaban axuda para unha persoa que estaba ferida e atrapada no interior dun dos turismos”, segundo informa o 112 Galicia.

Deste xeito, desde o CIAE-112 Galicia informouse aos “Bombeiros de Monforte, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil. Ademais, para asegurar a vía, tamén se lle notificou o acontecido ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento de estradas”, citando ao 112 Galicia.

Ao remate da intervención, a dotación dos Bombeiros confirmoulle aos operadores do 112 que “se excarcerou a unha muller, que foi a única ferida no sinistro, para que puidese ser trasladada polo persoal sanitario”.

Artigos relacionados

Back to top button