ConcellosÚltima hora

Excarcerada unha persoa nun accidente de tráfico en Riós

 

Contra as 18:30 horas esta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada N-525, ao seu paso polo municipio de Riós. O 112 Galicia recibía unha chamada para pedir axuda, na que a persoa que avisaba do sinistro indicaba que “o ferido atopábase atrapado no interior do turismo despois de saírse da vía cando circulaba pola estrada que une Verín e Fumaces”, segundo informa o 112 Galicia.

Tras activarse a alerta no 112 Galicia, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención do equipo de urxencias médicas, dos dos bombeiros do GES da Gudiña e dos bombeiros de Verín.

 

 

Unha vez no lugar, “os equipos de intervención confirmaron ao 112 que foi necesario usar o material de excarceración para liberar a un dos ocupantes do vehículo sinistrado. En total, eran tres as persoas que viaxaban no seu interior pero, soamente unha resultou ferida e precisou ser excarcerada polos bombeiros”, tal e como informa o 112 Galicia.

Ademais, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada, que permaneceron no lugar do accidente para colaborar nas tarefas de limpeza e restablecemento das condicións de seguridade.

Artigos relacionados

Back to top button